"Tuve más miedo de perder el trabajo que de los efectos del virus en mi organismo"

Boa Vida, Cáritas e Manos Unidas impulsan unha campaña de voluntariado para loitar polo traballo decente e a erradicación da pobreza
Actividade realizada onte na praza de Ourense. RAFA FARIÑA
photo_camera Actividade realizada onte na praza de Ourense. RAFA FARIÑA

"Tuve más miedo de perder el trabajo que de los efectos del virus en mi organismo". Son palabras de Ana, teleoperadora, que o pasado 16 de marzo se levantou con febre e aínda así non pensou en faltar ao traballo, pois "trabajo para una ETT y me pueden echar cuando quieran; todavía no sé lo que pasará". Un emprego no que "no había ninguna medida de prevención" e no que non sabe se lle renovarán, mentres agarda para facer o test do coronavirus.

A súa historia formou parte do manifesto lido onte na praza de Ourense por representantes de Cáritas e de Manos Unidas, titulado Polo Traballo Decente.

Xunto á asociación Boa Vida, estas entidades convidaron á cidadanía a informarse e participar do voluntariado da cidade. As tres organizacións deron e pediron información, "como un dos valores importantes para participar de xeito activo na sociedade e na construción dun mundo máis xusto e solidario". Pepa Vázquez, de Boa Vida, abriu o pechou o acto con música con contidos solidarios e de esperanza. A forma de recoller información da cidadanía foi a través de dúas enquisas breves para promover a reflexión colectiva sobre o traballo do voluntariado nas migracións.

A través delas a cidadanía pontevedresa puido deixar a súa opinión ao respecto e tamén coñecer como poden colaborar contribuíndo con tempo, ideas e recursos económicos "a que a solidariedade sexa nestes tempos da covid-19 o ingrediente que nos siga facendo unha cidade cohesionada onde a xustiza social é reflexo das súas xentes". A organización subliñou que contaban con todas as medidas de seguridade para que non se produzan contactos, con xel, máscaras, luvas e a distancia pertinentes para recoller información dun cento de persoas.

INGRESO MÍNIMO. A historia de Ana non foi a única que saíu no manifesto. "Hoxe empecei a traballar e o primeiro día foi duro -explicou outro testemuño-. No meu contrato figura unha xornada real de catro horas e media e, en realidade, foron case nove... con moita presión por parte do xefe".

As entidades convocantes urxen adoptar medidas necesarias para conseguir que o traballo decente sexa unha realidade accesible para todas as persoas, con condicións que permitan manter unha vida digna e que a protección social chegue a todas as persoas que o necesitan. Así, apostan por un novo sistema produtivo, lograr o recoñecemento social e laboral dos empregos esenciais para a vida, recoñecer o dereito á protección social sen que estea supeditado á vida laboral, garantir o ingreso mínimo vital e asegurar a percepción do subsidio extraordinario ás traballadoras do fogar e que se recoñeza o seu dereito á prestación por desemprego.

Obxectivo: rachar coa situación
A Deputación de Pontevedra susmouse onte ao Día Interna - cional para a Erradicación da Pobreza, reivindicando o fin da fame, das desigualdades e da pobreza así como a promoción da saúde e do benestar. Trátase dunha nova iniciativa que se enmarca na campaña #ObxectivoPontevedraProvincia, aliñada no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que conforman a Axenda 2030 da ONU. En concreto, a erradicación da pobreza constitúe "unha prioridade absoluta" para a folla de ruta do goberno provincial que, para elo, impulsa liñas de subvencións, convenios, axudas de emerxencia, proxectos, cursos e actividades para rachar con esta situación e sensibilizar á poboación, subliñou nun comunicado.
Mulleres
Así mesmo, en novembro celebrará o ciclo Defensoras de dereitos en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD. Trátase dunha inicia - tiva que pretende visibilizar o papel das mulleres mesoamericanas na defensa e loita polos dereitos humanos.

Comentarios