Un Monopoly pontevedrés

A pontevedresa Sabela Estévez recrea o xogo de mesa con detalles da capital da provincia e cun marcado sentido do humor
Monopoly de Pontevedra - Monoponte
photo_camera Taboleiro completo do Monopoly de Pontevedra

Sabela Estévez (Pontevedra, 2002), estudante do IES Valle-Inclán, viu hai uns días, na rede social Twitter, como unha moza de Albacete recreara a man o taboleiro dun Monopoly con detalles da súa cidade. Retuiteou o traballo o 19 de abril con este comentario: "Hoy mismo empiezo uno de PTV". Hoxe, o seu deseño foi marcado como favorito por preto de 700 usuarios desa rede social.

Sabela Estevez. CEDIDA
Sabela Estevez. CEDIDA
 

A autora comenta que está un pouco sorprendida polo éxito. "A idea era facer algo para os meus amigos e pasar o tempo durante a corentena, pero de súpeto moita xente comezou a pedirme que lle pasara o deseño para poder imprimilo", conta. "Eu compártoo con todo o que mo pida".

Apenas un día despois de ver o traballo de Albacete, Sabela Estévez colgaba o dela. "Pareceume moi boa idea, pero non tiña os materiais para poder facelo a man, como fixeran aquel. Así que fixen o deseño en formato dixital coa idea de poder imprimilo cando remate todo isto". O luns 20 de abril compartía o resultado na súa conta. "Me he pasado toda la tarde haciendo esto. Pero estoy orgullosa del resultado".

Casino Monopoly de Pontevedra - MonoponteO deseño da moza inclúe un taboleiro do xogo, ao que chamou Monoponte, cunha serie de casillas de Pontevedra: están a Illa das Esculturas, o Estadio de Pasarón, A Ferrería, Benito Corbal, Lores vestido de policía enviando á xente ao cárcere, unha subscrición ao Casino... "A verdade é que non tiña ningún Monopoly na casa. Teño xogado algunha vez, pero para facer isto tiven que buscar por internet como era exactamente".

Puente de los Tirantes Monopoly de Pontevedra - MonoponteAdemais, Sabela Estévez deseñou cartas da sorte con referencias ás festas da Peregrina ou ás zonas da cidade libres de coches. "O que tratei de facer foi unha adaptación do xogo a Pontevedra. O primeiro foi escoller algúns dos sitios máis importantes da cidade para compoñer o taboleiro. Agrupeinos por zonas e a cada unha púxenlle unha cor", explica. "Despois, como o Monopoly orixinal ten catro estacións de tren e aquí iso era imposible de reproducir, o que fixen foi cambialas por catro das pontes máis importantes da cidade: a dos Tirantes, a do Burgo, a das Correntes e a da Barca".

Lores Monopoly de Pontevedra - Monoponte

Feira Franca Monopoly de Pontevedra - MonoponteA moza conta que o traballo foi realizado para usar no ámbito privado e que por iso, entre outras cousas, foi que tirou de sentido do humor. "Encantoume que lle gustara tanto á xente. Fíxome moita ilusión", confesa. "Pero non creo que teña tanto que ver con que neste momento haxa un rexurdimento dos xogos de mesa con que aos pontevedreses nos encanta todo o que ten que ver coa nosa cidade". Gustaríalle que alguén sacara o xogo á venda? "Non creo que se poida facer sen permiso de Monopoly. Simplemente queda o deseño aí por se a alguén máis lle gusta e o quere imprimir".

Casilla Monopoly de Pontevedra - Monoponte (2)Casilla Monopoly de Pontevedra - Monoponte (1)

Comentarios