Opinión

Unha crise por medo e por egoísmo

EN GRAN BRETAÑA, igual que aquí e en case todos os estados occidentais, primeiro os propios e barreiras para os que se achegan de fóra, pero alí está causando unha profunda crise. Nacionalismo excluínte que pecha fronteiras e liberdade comercial que favorece o tráfico de mercadorías. Este é o proxecto vantaxista británico para o Brexit, pero como non é tan sinxelo alcanzalo o Goberno está nun aperto, acrecentado ao perder dúas pezas significativas que ameazan con facer caer a primeira ministra. O abandono dos titulares de Exteriores, un dos principais impulsores da ruptura coa Unión Europea, e do negociador para o divorcio da entidade supraestatal deixan o Executivo pendurando dun fío. E en parte polo temor aos inmigrantes, que en vez de velos como esperanza e solución considéranos un risco. Aquí hai moitos que opinan o mesmo cando en vez de restar aportan riqueza.

Comentarios