Imprimir

Os vídeos para o certame [email protected] poden subirse ata o 15 de marzo

Redacción | 05 de marzo de 2018

No concurso poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos a través de vídeos de opinión ou videotitoriais autoproducidos en galego subidos a YouTube

O prazo para participar con vídeos e canles en YouTube nos premios [email protected] permanecerá aberto ata o 15 de marzo. No concurso que promove o Concello de Pontevedra poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos a través de vídeos de opinión ou videotitoriais autoproducidos en galego subidos a YouTube de xeito independente ou nunha canle. Todas as pezas participantes teñen que estar publicadas sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición.

En total, o certame entregará 5.500 euros en premios, repartidos nas categorías: vídeofacermos, vídeo-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público.

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/pontevedra/videos-certame-youtubeir-s-poden-subirse-ata-15-marzo/20180305130545968975.html


© 2020 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)