Galicia

Luís Villares non será candidato á Xunta

O portavoz de En Marea, Luís Villares, anunciou este mércores que non concorrerá ás eleccións primarias do seu partido para elixir candidato á presidencia da Xunta e, por tanto, dá un paso atrás na primeira liña política e regresará ao seu posto como maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Despois de que o proxecto que el lideraba conseguise en 2016 ser a forza da esquerda máis votada, unha lexislatura máis tarde decidiu dar un paso atrás acreditando, dixo, visiblemente emocionado e mesmo por momentos choroso, que el veu facer política e non a ser político. "Non vin perpetuarme en ningún posto".