Imprimir

O xulgado ratifica a corentena obrigatoria imposta a unha veciña de Santa Comba

Europa Press | 01 de octubre de 2020

Xulgados de Santiago. EP
Xulgados de Santiago. EP
A muller mantivera contacto estreito con varias persoas diagnosticadas con covid

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Santiago de Compostela ratificou a corentena obrigatoria imposta a unha veciña de Santa Comba e que non estaba a cumprir, a pesar de tratarse dun posible caso de infección por covid-19. 

A muller mantivera contacto estreito con varias persoas diagnosticadas con SAR-Cov-2, en concreto o fillo, a nora e a nai. A pesar de indicarlle a medida polas autoridades sanitarias competentes, foi detectada pola Policía Local de Santa Comba a súa ausencia do domicilio polo menos o pasado 29 de setembro de 2020. 

Segundo o fallo, a decisión sanitaria baséase "nun informe razoado e fundamentado do médico de familia do Servizo de Atención Primaria de Santa Comba", e foi adoptada "coa finalidade de que se lle aplique a medida sanitaria correspondente ata que deixe de representar un risco para a saúde pública". Esta corentena gardarase no domicilio ou no centro que se considere oportuno. 

O titular do Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Santiago de Compostela indica no auto que a medida "persegue un fin constitucionalmente lexítimo", pois está dirixida a defender "a saúde pública, a integridade física e a saúde da poboación en xeral". 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/xulgado-ratifica-corentena-obrigatoria-imposta-vecina-santa-comba/202010012055081106208.html


© 2020 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)