A Xunta declara Festa de Interese Turístico a romaría do Corpiño de Lalín

Outras cinco celebracións adquiren esta distinción
Romaría do Corpiño de Lalín. PATRICIA FIGUEIRAS
photo_camera Romaría do Corpiño de Lalín. PATRICIA FIGUEIRAS

O Consello da Xunta aprobou este xoves a declaración como Festa de Interese Turístico da romaría do Corpiño de Lalín.

Outras cinco celebracións adquiriron esta categoría, que permite acceder á axudas da Xunta para impulsar a súa promoción co obxectivo de contribuír a reforzar "a autenticidade de Galicia como destino". Son a Romería de Santa Marta de Ribarteme en As Neves, a Festa dos Fachós en Castro Caldelas, a Feira da Tenreira Galega en Láncara, a Festa da Vendima en Leiro e a Festa da Carballeira en Zas.

Con estas declaracións, Galicia conta xa con máis de 150 festas de interese turístico, tanto de tipo autonómico (131), como nacional (11) ou internacional (12).

Comentarios