Evento

Surfing the Lérez

2022-06-23 a 2022-06-26
16:00 h a 00:30 h
Illa das Esculturas (Pontevedra)
Asistentes a una edición pasada del Surfing the Lérez. RAFA FARIÑA
photo_camera Asistentes a una edición pasada del Surfing the Lérez. RAFA FARIÑA

O festival Surfing the Lérez celebrarase entre o 23 e o 25 de xuño na Illa das Esculturas de Pontevedra e, no canto de entrada (que é gratuíta), lle pide aos asistentes unha doazón de alimentos non perecedeiros (que despois xestiona a plataforma local Rede Axuda). Os concertos comenzarán o xoves 23 ás 16.00 horas. O sábado e o domingo haberá música en directo dende as 11.30 horas.

O festival contará con catro escenarios: dous dos seus dous principais patrocinadores, o Deleite e o Vibra Mahou, máis un escenario dedicado integramente a actividades infantís e outro onde estarán os DJ e a escola de artes Bonobo.

Segundo se pode ver na programación, Heredeiros da CrusBoyanka Kostova e Familia Caamagno actuarán en horario de sesión vermú. Pola noite, os concertos centrais correrán a cargo de Ortiga (xoves, ás 22.45 horas), Dismal (venres, 22.00 horas) e Grande Amore (sábado, 21.20 horas), The Rapants (sábado, 22.30 horas) e Terbutalina (sábado, 23.30 horas).

Horarios completos do Surfing the Lérez

Horarios do xoves do festival Surfing the Lérez.

Horarios do venres do festival Surfing the Lérez.

Horarios do sábado do festival Surfing the Lérez.

Comentarios