O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra volve este ano á Praza da Ferrería. O evento, o máis veterano da programación cultural do verán pontevedrés (esta será a súa edición número 28) é un referente no seu ámbito no Noroeste peninsular, se celebrará entre o 20 e o 24 de xullo. Levaba dous anos sen ter lugar a causa da pandemia.
As actuacións volverán ter lugar na Praza da Ferraría, comezarán ás 22.30 horas e a súa entrada será libre e gratuíta.
20 de xullo de 2022
- Jeffery Davis Quarter.
21 de xullo de 2022
- André B. Silva The Guit Kune Do.
22 de xullo de 2022
- Andrea Motis.
23 de xullo de 2022
- Ida Nielsen.
24 de xullo de 2022
- Samantha Fish.
A programación incluirá tamén Jazz pola rúa, que correrá a cargo da Street Band Chivinjazz cada un deses días ás 12.30 e ás 20.00 horas.