Pontevedra

O festival para nenos Animatrón inunda o Parque das Palmeiras

[ALBA VILLAFRANCA] No primeiro día da semana do Animatrón, o Parque das Palmeiras aparece inundado de música, indios, cores e moitos nenos e nenas. O seu himno oficial pódese escoitar dende as proximidades a modo de cancións infantís.

Este ano o ciclo de actividades para cativos, incluido na programación de verán do Concello de Pontevedra, contará por primeira vez cunha variedade temática por días e non faltarán os zanqueiros vestidos para cada ocasión. Piter, da empresa que xestiona a actividade, conta sobre o programa, que empeza cunha ambientación india. Isto foi o luns. Este martes as protagonistas son as actividades artísticas; o mércores, xogos e o xoves, mundo globo.

As carpas de Animatrón, de cores azul e amarela, distribúense segundo o taller que ofrecen. O favorito de Lucía, de seis anos e medio, é o das marionetas para colorear. Sen embargo, a máis solicitada é a da maquillaxe facial e tattoos semidefinitivos, que conta con catro profesionais das ceras grosas e a purpurina.

Por orde de día os espectáculos inclúen tamén un home orquestra, un titriteiro, un espectáculo de maxia e o último día funcións musicais. E por suposto non faltará a presenza de monociclos, malabares e zanqueiros.

O horario atópase sinalado en cada carpa. De 18.00 a 20.00 horas teñen lugar os distintos talleres e a partir das 20.00 horas os espectáculos. Todas son actividades totalmente gratuítas dirixidas para o goce dos cativos, pero os pais e avós ao cargo deles non quedarán fora.

UNICORNIO. "Eu é o segundo ano que veño, e pasareime algún día máis porque o pasan moi ben", di a mamá de Lucía. "A actividade favorita de todos os anos é a maquillaxe" di a avoa de Henar, de seis anos que, acompañada polas súas amigas, se van pintar de unicornio e moucho. "Yo, de Campanilla" di outra nena.

O ciclo de actividades tamén conta cunha ludoteca para menores de cinco anos. Nela, os nenos e as nenas constrúen con bloques. Esta actividade cambiará o mércores.

A única crítica que se escoita nas Palmeiras é por parte dalgúns pais que destacan que para os menores de tres anos escasean os talleres, xa que non poden gozar moito de manualidades (como pintar sen saírse da liña ou recortar). Ás familias gustaríalles que se ofertasen máis actividades específicas para nenos pequeniños.

Aos peques que non son amantes dos bloques coma Esteban, que ao preguntarlle na porta da ludoteca cal era a súa actividade favorita contestou de maneira directa "ESTA!", quédanlles alternativas coma as espadas e os cans de globos.

Ademáis da música que adoitan disfrutar con bailes, aos que normalmente se lle suma algún pai aventureiro como o que se puido ver bailando o luns no escenario, Animatrón ofrécelle á cativada a posibilidade de interactuar con personaxes subidos en zancos ou en monociclos.

O ciclo de actividades no Parque das Palmeiras recolle o testemuño das propostas que a semana pasada tiveron lugar na praza do Teucro, no que a programación infantil se refire.

As crianzas volverán ser protagonistas no X Festival Internacional de Animación de Rúa Itineranta, que terá lugar do 31 de xullo ao 2 de agosto, nas prazas e rúas do centro histórico de Pontevedra. Os espectáculos serán entre as 20.00 e as 22.00 horas.

Comentarios