Pontevedra

Un Entroido de récord

Milleiros de persoas participaron no desfile do Entroido de Pontevedra, un dos máis numerosos en canto a público dos últimos anos.Cuestións de actualidade local, como a nova imaxe da ponte do Burgo ou o apresamento do narcosubmarino, mesturáronse con outras máis xerais, como a alerta sanitaria do coronavirus, nunha proposta na que os participantes, como vén sendo habitual, apostan pola sátira, a diversión e a fantasía, e que transcorreu nunha tarde soleada na que a cidade rozou os 20°C. 

Comentarios