O violinista do Líbano

Ara Malikian presenta no Pazo de Cultura novo disco dentro da súa xira Royal Garage World Tour. Este domingo estará en Ferrol, ás 20.00 horas, no auditorio municipal

Ara Malikian. AEP
photo_camera Ara Malikian.AEP

REÍR, compartir e gozar da cultura musical de cada país desde o máis profundo dos seus garaxes. Son leit motiv da nova xira de Ara Malikian, Royal Garage World Tour.

"A miña relación cos garaxes empezou en 1976, cando estalou a guerra do Líbano. No mundo enteiro as bandas máis modernas ensaiaban en garaxes, sacaban de aí os seus sons e creaban un estilo que cambiaría a historia da música. Eu non me quería quedar sen formar parte desa movida. Eu tiña 10 anos e o meu pai dicíame para convencerme: 'Imos fillo, baixemos ao garaxe, imos montar unha banda de rock como a dos Rolling".

Así evoca o violinista libanés o transfondo desta xira, na que ademais de tocar este domingo en Pontevedra fará unha escala en Ferrol, nos que volve demostrar o idilio que mantén o músico co público galego, xa que para ambos os concertos as entradas están esgotadas.

Máis en Agenda
Comentarios