FICHA TÉCNICA

27-28. Unha SD Teucro ao máximo nivel supera ao Cidade Real na súa cancha

Os pontevedreses demostraron madurez e seguridade para imporse nun encontro no que a defensa 5-1 foi clave para levar os dous puntos
Un momento del partido
photo_camera Un momento del partido

A SD Teucro alcanzou este sábado o seu máximo nivel de madurez e autoconfianza na presente tempada. Fíxoo nunha pista lendaria do balonmán nacional, o Quixote Area.

A oitava vitoria consecutiva dos homes de Quique Domínguez xestouse desde a paciencia e a temperanza. Tras constantes alternativas no marcador durante todo o choque, a escuadra pontevedresa entrou un gol por detrás nos minutos decisivos. Dani Hernández e Carlos García contaxiaron a súa experiencia a todos os seus compañeiros e deron o golpe definitivo ao encontro, sen deixar tempo para a reacción ao equipo local.

O cadro azul protagonizou un bo arranque, cunha defensa 6-0 agresiva e ben plantada que lle permitiu coller unha vantaxe de 0-2 de saída. O conxunto alarquista tardou en entrar en calor, pero da man dun Villamarín moi inspirado na portería, comezou a carburar..  


Máis información na edición impresa de Diario de Pontevedra deste domingo

Comentarios