Aberto o prazo de solicitude de axudas para rehabilitar edificios

2020081412363259246
photo_camera Os propietarios e arrendatarios de longa duración poden ser beneficiarios destas axudas. DP

Tras terse publicado xoves no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o extracto das bases reguladoras, queda aberto o prazo para solicitar subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Caldas de Reis, con financiamento do programa de Rexeneración e Renovación Urbana e Rural do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. O período para presentar as solicitudes permanecerá aberto por 3 meses.

Para receber información ou tramitar as subvencións permanece habilitada a Oficina Municipal da Área de Rehabilitación Integral. O servizo préstase nas dependencias do Concello todos os martes e xoves en horario de 08:00 a 14:00 horas baixo cita previa no 986 54 00 02.

Serán subvencionables todas aquelas actuacións que fomenten a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas así como aquelas que procuren a conservación das edificacións, a mellora da súa seguridade e das condicións de accesibilidade. Así mesmo, as axudas poden destinarse á execución de obras ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, nas instalacións fixas, no equipamento propio e nos elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente. Todas as actuacións deberán dispor de licenza municipal e de ser o caso de autorizacións sectoriais previas.

Comentarios