Abstéñense os xuíces na causa dos 64 quilos de heroína incautados en Caldas

O TSXG estimou xustificadas as abstencións comunicadas polos maxistrados da Audiencia de Pontevedra

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou as abstencións comunicadas polos maxistrados da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, para o enxuízamento de doce acusados de formar parte dun grupo que introducía e distribuía heroína.

Dentro da operación en cuestión, desenvolvida en 2017, na que se detivo aos sospeitosos, entre os que se contan varios cidadáns búlgaros e un avogado vigués, interceptáronse 64 quilos desta droga nunha nave en Caldas de Reis.

O alto tribunal galego indica no seu auto que o número de resolucións previas ao enxuízamentoo ditadas polos maxistrados da Audiencia de Pontevedra supón "unha toma de contacto co material probatorio existente na causa e compromete seriamente a súa imparcialidade". Xa que logo, conclúe que a estimación da abstención resulta "indubidable".

O Tribunal Superior de Galicia sinala que os xuíces chegan a efectuar nas súas resolucións "unha valoración da existencia de indicios de racionalidade dos acusados", o que implica "un compromiso demasiado próximo co obxecto do proceso" e entraña "un risco respecto da necesaria aparencia de imparcialidade".

O presidente da Audiencia de Pontevedra nomeará agora ao tribunal que axuizará o caso seguindo as normas de substitución establecidas.

Comentarios