Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

Aciveiro remata a reforma da súa casa escola tras tres anos de obras

Crespo, Cachafeiro e Cores Tourís visitaron a obra. CEDIDA
Crespo, Cachafeiro e Cores Tourís visitaron a obra. CEDIDA

O colectivo tamén recibiu unha subvención do goberno para acondicionar a Fonte de Vilaverde

A parroquia forcaricense de Aciveiro ultima as obras de mellora da súa casa escola, cuxa rehabilitación executou por fases ao longo dos últimos tres anos a través da Asociación Terra de Acivros. Este colectivo recibiu unha axuda total de 44.000 euros por parte da Xunta.

Dese montante, 15.000 euros foron investidos na restauración dun local anexo; 12.000 euros, no arranxo das paredes exteriores; outros 12.000 euros na instalación dun novo tellado, actualmente en obras; e 5.000 euros na adquisición e instalación dunha estufa de pellets. Con motivo da fase final dos traballos, a alcaldesa, Belén Cachafeiro, visitou o inmoble acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e do xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo.

A da casa escola non é a única mellora realizada en infraestruturas da parroquia. O citado colectivo recibiu tamén unha axuda da Administración autonómica de 12.000 euros para o acondicionamento integral da Fonte de Vilaverde. Por outra banda, operarios do Concello efectuaron estes días labores de limpeza e roza de maleza nas pistas municipais e nas "carballeiras" con motivo da celebración, este fin de semana, das festas.

Aciveiro remata a reforma da súa casa escola tras tres anos de obras
Comentarios