Adif adxudica o proxecto de supresión de pasos a nivel entre Vilagarcía e Valga

9715
photo_camera Paso a nivel. DP

Adif adxudicou a redacción do proxecto de supresión dos pasos a nivel situados nos puntos quilométricos 26/578 e 27/670 da liña convencional Vilagarcía de Arousa-Bifurcación Angueira, no termo municipal da localidade pontevedresa de Valga. 

O contrato foi adxudicado á empresa Clothos por un importe de 45.496 euros e contempla un estudo de alternativas das que se seleccionará a máis adecuada en cada caso. 

O paso a nivel do punto kilmétrico (p.k.) 26/578 é de clase C, é dicir, está protexido con barreiras automáticas ou situadas, mentres que o do p.k. 27/670 é un paso de clase F, exclusivo para peóns e/ou gando. 

O proxecto de supresión de ambos os pasos é froito do acordo entre Adif e o Concello de Valga co obxectivo de mellorar a permeabilidade no municipio e aumentar a seguridade das circulacións, tanto ferroviarias como de automóbiles e peóns.

Comentarios