Alberto García recupera o bastón de mando de Catoira

Afronta o mandato en minoría e só co apoio de tres dos seus catro edís

Alberto García recuperou este martes o bastón de mando de Catoira. O socialista, que presidiu a Corporación durante 25 anos, foi investido rexedor con catro votos a favor e a abstención do edil do seu mesmo partido, Roberto Bouzón que, a pesar de que o partido provincial deu o luns o visto e prace á candidatura de García, este optou finalmente por non darlle o seu apoio. 

Presentáronse tamén a presidir a Corporación a ata agora tenente de alcalde, María Paz, e o 'popular' Iván Caamaño, que obtiveron só tres apoios cada un, o que lle deixou vía libre ao socialista, que non logro a maioría absoluta nas anteriores eleccións municipais por tan só 18 votos.

A dimisión do rexedor nacionalista, Xoán Castaño, tras a moción de censura presentada polo PSOE e o PP, cuxos líderes pretendían turnarse na Alcaldía no que resta de mandato, truncou este acordo e obrigou á celebración deste Pleno de investidura. 

Alberto García afronta agora este mandato en minoría e só co apoio de tres dos seus catro edís.

Comentarios