O alcalde de Cuntis pedirá recuperar unha praza de docente para o colexio

Ademais o rexedor concertou unha cita co xefe territorial de Educación para tratar este e outros temas como a mellora da fachada do propio edificio
undefined
photo_camera Reunión de Manuel Campos coa ANPA O Baño, este xoves. CEDIDA

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e o concelleiro Jose Treviño reuníronse onte coa ANPA O Baño do CPI Aurelio Marcelino Rey García para tratar os diferentes asuntos que afectan o funcionamento do centro educativo. Esta estreita colaboración ten como obxectivo que o curso escolar se inicie do xeito máis seguro posible tanto para os nenos e nenas como para o profesorado.

Entre os temas tratados están o de recuperar a praza do docente de apoio, polo que o rexedor concertou unha cita co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, para tratar este e outros temas como a mellora da fachada do propio edificio. Ademais, a ANPA reclamou maior seguridade viaria no entorno do centro ante o que o alcalde se comprometeu a dar resposta na maior brevidade posible.

Manuel Campos recordou a forte inversión que fai o Concello en materia educativa a través do programa 'Cuntilín', que consta dun coordinador, un profesor, un educador e dous monitores; ao igual que a educación para adultos, con dúas mestras durante todo o curso lectivo. Este servizo é costeado na súa maior parte polo Concello.

Comentarios