Amaia conquista Caldas e Madness revoluciónaa

O público do PortAmérica vibrou na segunda xornada, especialmente cando a pamplonesa e Carolina Durante xuntáronse para interpretar 'Perdona'

Amaia en PortAmérica. RAFA FARIÑA
photo_camera Amaia en PortAmérica. RAFA FARIÑA

Logo dos concertos de Nixon, Santi Araujo, Trending Topics e Anarchicks, o público máis novo do PortAmérica puido gozar este venres coa a actuación de Amaia ás 21.15. Logo de interpretar cancións súas, a pamplonesa versionou a canción de Luís Miguel Agora te puedes marchar e interpretou o tema Perdona que ten con Carolina Durante. A canción de despedida foi o seu hit El relámpago.

Xa de noite, no mesmo escenario, tocoulle a quenda á banda de ska Madness, concerto no que houbo máis audiencia que na actuación de anterior. Os ingleses, cuxa formación estaba composta por 9 músicos, acompañaron a súa actuación de proxeccións ás súas costas. No seu concerto, o público moveuse ao ritmo de ska, con temas clásicos como MW5. Logo de varias cancións movidas, deron un descanso cun par de temas lentos para enseguida volver co seu inquedo Two Tone e dúas cancións clásicas que puñan fin ao concerto, Our House (The rise and fall, 1982) e I must be love (Madstock, 1992). No entanto, o balbordo dos espectadores deu paso a un dobre bis.

Público en PortAmérica. RAFA FARIÑA

Máis tarde, mentres os membros de Carolina Durante preparaban os seus instrumentos, os graves sons do rap-rock de El Cuarteto de Nos coparon o escenario pequeno, Xacobeo 21.

A continuación, a banda madrileña que se move entre os xéneros do punk e o pop, Carolina Durante, arrincou o seu concerto con Las Canciones De Juanita. Pasados 40 minutos de concerto, chegou o momento que el público máis novo esperaba: a aparición de Amaia para cantar con eles en Perdona.

Comentarios