Arde un aeroxerador do parque eólico do monte O Faro, entre Chantada e Rodeiro

As chamas provocaron, ademais, un pequeno lume forestal nos arredores do muíño
photo_camera O incendio no aeroxerador. EP

Un incendio calcinou este martes un aeroxerador situado no monte O Faro, en Chantada.  O lume orixinouse no espazo onde se atopa o motor do aeroxerador, que tivo que ser desconectado pola empresa concesionaria, Galicia Vento. Non houbo danos persoais.

O operativo para apagar as chamas foi complexo pola dificultade do terreo e o elevado que se atopaba o punto onde se produciu o incendio.

As chamas propagáronse ata o terreo situado baixo o aeroxerador e provocaron un pequeno incendio forestal. Foi necesaria a mobilización dun helicóptero para controlar o lume.

O incendio foi apagado antes das 15.00 horas e os operarios encargáronse da refrixeración do chan para evitar que se reavivase. O fume viuse desde varios puntos de Chantada, especialmente en zonas rurais, e tamén do veciño municipio pontevedrés de Rodeiro.

Comentarios