Arde o punto limpo de Valga

Unha intensa columna de fume víase de lonxe debido ao lume

O punto de limpo de Valga sufriu un incendio este domingo pola mañá. Unha intensa columna de fume podía verse desde a distancia.

O lume iniciouse ás 12.15 horas e foi extinguido sobre as 14.00. Os Bombeiros de Vilagarcía e Ribadumia tiveron que acudir ao lugar dos feitos xa que o depósito do camión de Protección Civil de Valga non era suficiente para abordar as chamas.

Ardeu un compartimento illado que almacenaba televisións e pantallas, por iso provocou unha columna de fume negro desde o principio.

Apuntan a que o lume puido ser provocado, dado que o habitáculo que ardeu non ten ningunha toma eléctrica.