Arde un taller de carpintería en Vila de Cruces 

O inmoble atópase no Camballón 
Oficinas del 112 en Santiago. DP
photo_camera Oficinas do 112 en Santiago

Efectivos do corpo de bombeiros traballan na extinción dun incendio que calcinou parte dun taller de carpintería e afectou a outro lindeiro en Vila de Cruces. 

A pesar de estar apagado, os efectivos desprazados temen que se poida reavivar debido á carga térmica e a cantidade de serrín acumulado. 

O incendio detectouse pasadas as 08.00 horas, despois de que varios particulares visen fume saíndo do taller situado no Camballón. 

Por fortuna, ninguén resultou ferido, aínda que o lume provocou numerosos danos. Ademais, quedou afectado outro lindeiro separado por un cristal, que explotou coa calor e non puido evitar o avance das chamas. 

Segundo indican desde o 112, no punto traballan Bombeiros do Deza, voluntarios de Protección Civil da localidade e axentes da Garda Civil. 
 

Comentarios