Os Bombeiros interviñeron ao mediodía deste martes nun incendio orixinado no cadro eléctrico dun turismo que circulaba á altura da saída Leste da autoestrada AP-53, ao seu paso por Lalín (quilómetro 50 en sentido Santiago).
No vehículo viaxaba unha familia con dous nenos, pero por sorte non houbo que lamentar danos persoais.
SUCESO. O condutor apartou o turismo ao carón da calzada a tempo, en canto se decatou da incidencia e un camioneiro que pasou polo lugar nese momento axudouno a sufocar o lume cun extintor. En canto chegaron os Bombeiros, unicamente tiveron que terminar de refrixerar a zona.
Ao lugar tamén se trasladou unha ambulancia do 061, pero non precisou intervir.
Como puideron comprobar os Bombeiros, o lume iniciouse no cadro eléctrico do vehículo, pero acabou afectando a outras partes do mesmo.