Atención telefónica no Concello de Cuntis tras un positivo entre o seu persoal

photo_camera Teléfono.
O Concello de Cuntis iniciou o martes un protocolo de prevención no seu persoal tras dar positivo un dos seus traballadores. A principal medida será a priorización da atención telefónica. é dicir, que os veciños antes de acudir ás oficinas municipais para realizar as súas xestións deben chamar ao 986 54 80 05 ver se a cuestión pódese aprazar ou se é precisa cita previa. hai tres traballadores en corentena e algún máis teletraballando, indicou o alcalde, Manuel Campos Velay, que matizou que o contaxio non se debe a un brote local, senón que se pode considerar ‘importado' e pediu aos veciños que reforcen as precaucións e non acudan ao Concello se non é urxente. O rexedor engade que unha aula do Ceip local "vén de ser confinada de novo" e aclarou que "tras as PCR aos tres illados, se hai novos positivos, someterémonos todos ás probas necesarias para abordar a situación".