Atopan á estradense desaparecida desde o xoves

Carmen García Cabanas foi achada en bo estado en Vilagarcía
Carmen García Cabanas. SOS DESAPARECIDOS
photo_camera Carmen García Cabanas. SOS DESAPARECIDOS

A sesaxenaria estradense desaparecida desde o pasado xoves foi encontrada en Vilagarcía na mañá deste luns aparentemente en bo estado

Efectivos da Policía Nacional contactaron coa irmá que puxera a denuncia o venres, despois de que Carmen García Cabanas, de 68 anos, non regresara a casa.

A Garda Civil, que iniciou un dispositivo de procura, xa advertira de que non era a primeira vez que a muller se ía de casa polo seu propio pé.