O BNG de Catoira considera inadmisible que o Concello teña tres edís liberados

A situación deste concello é peculiar, pois o alcalde concentra o poder absoluto
Xoán Castaño. FERNANDO SALGADO
photo_camera Xoán Castaño. FERNANDO SALGADO

Hai un ano, PSOE e PP de Catoira asinaban unha moción de censura contra o Goberno local, presidido polo BNG, "na que se repartían, coma se se tratase dun botín, cargos e cartos da veciñanza", recorda a formación nacionalista.

A situación deste municipio é peculiar, sinala. "O alcalde, nun Goberno unipersoal e presidencialista, concentra o poder absoluto, sen delegacións e sen reparto de responsabilidades". 

"Pero iso si   , quere repartir soldos entre vos grupos, sabendo ben que vai ser entre PSOE e PP, porque connosco non van poder contar nesta fraude", subliña a formación liderada por Xoán Castaño.

Este partido denuncia que non hai concelleiros delegados nin con responsabilidade algunha; por non haber non hai nin tenente de alcalde en Catoira, cuxos veciños non saben a quen dirixirse en caso de necesidade. "Todo está exclusivamente nas mans de A. (Alberto) García", sinala, polo que se pregunta que sentido ten que ofrecese tres liberacións aos grupos da oposición se non é para acalar as voces críticas, no caso do BNG e considera totalmente inxustificadas nun municipio de 3.000 habitantes.

Comentarios