O BNG pide información sobre a auga do encoro da Baxe e reclama a súa demolición

Os nacionalistas anuncian iniciativas nos concellos abastecidos polo río Umia e ante a Xunta de Galicia

Los representantes de la formación nacionalista de Ulla-Umia y O Salnés, en el embalse de A Baxe. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Os representantes da formación nacionalista de Ulla-Umia e O Salnés, no encoro da Baxe. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A presenza dunha alga chamada microcistina na auga do encoro da Baxe é unha consecuencia da construción desta infraestrutura, e o único recurso para que non se repita un episodio que se rexistra todos os anos durante os meses de verán non é outro que a súa demolición. Esta demanda foi reiterada este martes polo deputado do BNG Luís Bará nunha visita á presa no concello de Caldas de Reis.

Pero en paralelo cunha medida que debería ser executada a curto medio ou longo prazo, as administracións que teñen competencias na subministración de auga para o consumo humano ou tamén para permitir o baño en determinadas zonas do río deberían realizar analíticas a fondo e facelas públicas, porque manteñen que o contacto da auga coa pel pode resultar prexudicial para a saúde, subliñaron os nacionalistas.

Por outra banda, a auga afectada pola presenza da microcistina desembocan na ría de Arousa, cuxa poboación de moluscos pode resultar prexudicada, agregaron. De "altísimo" cualificou o "nivel de toxicidade" da auga a deputada Montserrat Prado, ademais de denunciar que o Plan Umia foi "un malgaste de fondos públicos" que non serviu para impedir que se repita este episodio, mentres que o concelleiro caldense Manuel Fariña advertiu de que as depuradoras da maioría dos concellos que se abastecen deste río non contan con dispositivos para detectar a alga.

Comentarios