Buscan a un can que se perdeu na parroquia de Donramiro, en Lalín

O animal falta desde o pasado 15 de xaneiro
Tito. DP
photo_camera Tito. DP

Unha veciña da aldea de Trascastro, na parroquia lalinense de Donramiro, denunciou a desaparición do seu can, Tito. Alba Louzao —así se chama esta lalinense— leva buscando ao animal desde o pasado 15 de xaneiro, pero ata o momento non tivo sorte.

Tito é marrón, ten cinco anos e pesa ao redor de dez quilogramos. Louzao pide colaboración cidadá para dar co can, que ademais necesita medicación. 

Se alguén localiza ao can, pode porse en contacto coa dona chamando aos números de teléfono 605.91.50.82 e 606.33.16.72. Ademais, pode contactar con Alba buscando en Facebook Alba Louzao Rodríguez ou na conta de Instagram @albalouzao.

Comentarios