Cae unha importante granizada na Estrada

Obrigou aos vehículos a circular con precaución

Granizada en A Estrada. PATRI FIGUEIRAS
photo_camera Granizada na Estrada. PATRI FIGUEIRAS

Unha Importante granizada caeu este mércores pola mañá na Estrada, circunstancia que obrigou a circular con precaución polos viarios afectados por esta inclemencia meteorolóxica.

Con todo, Emerxencias A Estrada non recibiu, polo momento, aviso por ningunha incidencia.

A previsión
A comunidade continuará este mércores baixo a influencia das baixas presións situadas ao oeste de Fisterra.

Así, segundo o prognóstico de Meteogalicia, os ceos estarán parcialmente cubertos, con choivas probables en calquera punto, aínda que serán máis frecuentes e intensas na franxa atlántica onde poderán ir acompañadas de aparello eléctrico.

A cota de neve situarase ao redor dos 1.200 metros de altura. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente sur, con refachos fortes no litoral e zonas altas.

Saraiba sobre unha estrada da Estrada. PATRI FIGUEIRAS

Comentarios