jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Caldas de Reis dispara a súa incidencia con 13 casos na última semana

Una sanitaria realiza una prueba PCR a una mujer. EFE
Una sanitaria realiza una prueba PCR a una mujer. EFE

A área Pontevedra e O Salnés conta con 51 casos activos, dous máis que a véspera, nunha xornada sen novas altas

Caldas de Reis converteuse no municipio da área sanitaria Pontevedra-O Salnés en peor situación ao dispararse a incidencia acumulada da covid-19 tras rexistrar 13 casos en apenas unha semana. Así, a incidencia acumulada é de 133 casos por 100.000 habitantes, tanto a sete como a 14 días, polo que se situaría en risco extremo, moi lonxe do resto de concellos da área, a maioría sen novos casos rexistrados. 

Pontevedra, por exemplo, notificou 25 casos nos últimos 14 días (30 casos por 100.000 habitantes) e 10 na última semana. 

Así o manifestan os datos extraídos do mapa do Sergas nunha xornada sen apenas cambios nos datos globais da área. Tras baixar dos 50 casos activos nun día puntual tras cinco de subida, no balance difundido este luns pola Xunta figuran dous novos positivos detectados en 133 probas PCR e ningunha alta. Son 51 en total. 

Nos hospitais pontevedreses tampouco hai cambios. Do mesmo xeito que ocorre desde hai días, este último balance non inclúe ningún paciente ingresado en planta de hospitalización, nin no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, nin no Hospital Quirón-Saúde Miguel Domínguez nin no Hospital do Salnés. No entanto, aínda mantén un con covid na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo. 
Os outros 50 casos activos permanecen no seu domicilio asintomáticos ou con síntomas leves. 

Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 21.239 pacientes e faleceron por este virus 205. 

Caldas de Reis dispara a súa incidencia con 13 casos na última semana
comentarios
ç