Cambios no Compromiso de Calidade do Cocido

Restauradores e o Concello de Lalín acordaron encomendar a unha auditoría externa este proceso que se estaba realizando con urnas
Feira do Cocido 2019. PATRICIA FIGUEIRAS
photo_camera Feira do Cocido 2019. PATRICIA FIGUEIRAS

O proceso do Compromiso de Calidade que desde hai oito anos controla a calidade dos cocidos que se serven aos veciños e veciñas e visitantes con motivo da feira sufrirá cambios. Así o anunciou o Concello, tras a reunión que mantivo a concelleira de Turismo, Begoña Blanco, xunto co alcalde, José Crespo, a edil de Comercio, Karen Fernández, o concelleiro de Rural, José Cuñarro, cunha ducia de restauradores incluídos na programación do Mes do Cocido.

Deste xeito, os hostaleiros e o Goberno municipal decidiron facer cambios no Compromiso de Calidade e encomendar o proceso a unha auditoría externa. Así, "deixará de ter as xa clásicas urnas e enquisas que se utilizaron nas últimas oito edicións para enfocalo a través dunha auditoría externa da que se completarán detalles na vindeira reunión".

Por outra banda, segundo detallou o Concello os asistentes a esta cita, a cal Begoña Blanco valorou como "moi positiva", mostraron a súa vontade a seguir participando "nesta actividade de difusión e promoción da Feira do Cocido", explicou o Goberno municipal, polo que concretou que o número de restaurantes participantes será semellante ao dos anos anteriores.

No encontro falouse tamén do pin que acompaña ao Mes do Cocido, que "ou será de creación do cartelista ou, non caso de que decline a súa realización, apoioarase nalgunhas das figuras dos porquiños do Cocido", engadiu. Iso si, os participantes "solicitaron poder ter a dispoñibilidade deste elemento de promoción con máis antelación que na edición anterior".

Por outra banda, o Concello explica que se baralla a posibilidade de que os restaurantes poidan ofrecer o prato estrela diariamente, alternándose entre os locais, para que os visitantes poidan degustar o cocido tamén durante a semana.

Obxectivo â?? Internacionalizar o evento
Durante o encontro, o Goberno municipal adiantou aos hostaleiros as negociacións que se están realizando para a internacionalización da Feira do Cocido e no relativo ás infraestruturas do evento. Así, o Concello está xa elaborando todos os informes necesarios para a declaración desta cita como Festa de Interese Turístico Internacional. Polo momento, desde hai uns días a páxina web da Feira do Cocido (feiradococido.lalin. gal) xa pode ser consultada en inglés. Ata agora só tiña a opción de galego ou castelán.

Comentarios