Evacuada unha persoa por inhalación de fume tras un incendio na Estrada

As chamas orixináronse nunha tixola que estaba ao lume na cociña
Una dotación de Bomberos. GONZALO GARCÍA / ARCHIVO
photo_camera Un camión de bombeiros. GONZALO GARCÍA

Unha persoa foi evacuada a un centro hospitalario na noite deste mércores tras inhalar fume por mor dun incendio orixinado na súa cociña no municipio da Estrada. 

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 20.00 horas deste mércores na estrada de Ouzande, no municipio pontevedrés da Estrada. 

Alí acudiron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender á ocupante da vivenda, que presentaba síntomas de intoxicación por inhalación de fume como consecuencia do incendio na súa cociña. 

De feito, foron efectivos de extinción quen axudaron a nbsp;a&persoa a saír do inmoble. O 112 indicou que a intensa humareda orixinouse nunha tixola que estaba no lume e afectou ás demais estancias da casa. 

Para sufocar o incendio, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros do Deza, así como aos membros do GES da Estrada e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Ademais, contaron coa colaboración de axentes da Policía Local.