Un camión perde combustible tras sufrir un accidente na Estrada

O derrame, que abarcaba uns 200 metros da calzada, dificultaba a circulación, polo que a Garda Civil procedeu a cortar o tráfico en ambos os sentidos entre os quilómetros 203 e 205

O 112 Galicia tivo coñecemento ás 21.00 horas deste venres dun accidente no que se viron implicados un turismo e un camión na  N-640 ao paso pola Estrada. Non se rexistraron danos persoais.

Con todo, o impacto provocou que o camión perdese boa parte do combustible do seu depósito.

O derrame, que abarcaba uns 200 metros da calzada, dificultaba a circulación, polo que a Garda Civil procedeu a cortar o tráfico en ambos os sentidos entre os quilómetros 203 e 205.

Para a limpeza da vía, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos membros do GES da Estrada e avisouse ao persoal do Ministerio de Fomento. Sobre a unha da madrugada restableceuse a circulación na zona.