O Carneiro ao Espeto, embaixador de Moraña

O Concello presenta o gran evento do ano, unha festa cultural, gastronómica e identitaria
Presentación da Festa do Carneiro ao Espeto. GONZALO GARCÍA
photo_camera Presentación da Festa do Carneiro ao Espeto. GONZALO GARCÍA

A Festa do Carneiro ao Espeto celebra o seu 52 aniversario e os organizadores tratan de achegar o evento o máis preto da normalidade. Non obstante, a prudencia seguirá sendo a tónica e as xuntanzas para degustar o prato homenaxeado serán nas casas. Para elo, abriuse un prazo o 25 de xuño para reservar os lotes, rematando o mesmo o vindeiro 19 de xullo. O 25 de xullo as reservas admitidas terán que recollerse na Carballeira de Santa Lucía o seu lote.

Para 20 comensais ofrécese por 300 euros un carneiro asado de 12 a 14 quilos, unha empanada de trigo de zorza, outra de bacallau con uvas pasas, catro moletes de pan, doce botellas de viño tinto da terra, unha docena de botellas de auga mineral, salsa especial ajilismójilis para o asado e auguardente. Por 150 euros, suficente para 10 comensales, pódese adquirir un lote coa mitade das cousas citadas no anterior.

As celebraciones e os eventos se sucederán ao longo de todo o mes de xullo. O día 10, as 19.00 horas, o chef Miguel Mosteiro de Gastrolab Arousa fará unha demostración culinaria a base de carneiro na Carballeira de Santa Lucía. A xornada remata no mesmo escenario cos bares e restaurantes participantes deleitando aos asistentes con distintos pinchos de carneiro.

O domingo 11, as 22.00 horas, a compañía de teatro Fulano, Mengano e Citano representará a comedia Top Manta no Multiusos. O día 15 na explanada do Multiusos haberá obradoiros de Dj, danzas urbanas, beatbox, freestyle football e Rap. Lois Pérez será o monologuista invitado para actuar no Multiusos as 22.00 horas do venres día 16. O 17 artistas e artesáns expoñerán a súa obra na Carballeira durante todo o día, que rematará coa actuación do grupo Jorge Menéndez Quartet as 21:00 horas. Xa o domingo 18 se inaugura a exposición sobre Os oficios tradicionais en Moraña.

O día 20, as 20.30 horas, farase un concerto didáctico da Banda de Música Nova Lira e o actor Félix Rodríguez. O 21 haberá cine na explanada do Multiusos as 22.30 horas. Os xogos multiaventura serán protagonistas o 22 a media tarde, mentres a noite o turno é para os videoxogos. O venres e o sábado (días 23 e 24) chegan os grandes concertos con Broken Peach, La Oca Band, Bombai e Soraya. Eses días para os nenos está os espectáculo Desconcerto e a actuación de Gisela Concert Kids. O domingo 25 os protagonistas serán Luis Zahera no mediodía e Tanxugueiras pola noite.

Comentarios