martes. 01.12.2020 |
El tiempo
martes. 01.12.2020
El tiempo

Cela asume a Alcaldía co obxectivo de dedicarse en exclusiva ao Concello

José Cela recibiu o bastón de mando tras unha dilatada traxectoria como concelleiro do PP. RAFA FARIÑA
José Cela recibiu o bastón de mando tras unha dilatada traxectoria como concelleiro do PP. RAFA FARIÑA
O alcalde de Moraña, que tomou posesión do cargo nun Pleno celebrado este xoves, subliña a necesidade de dispor de tempo para atender as demandas que lle expoñan os veciños

Ser alcalde, e sobre todo dun municipio pequeno, equivale a estar ao servizo dos veciños as 24 horas do día, polo que non vale establecer un horario delimitado de atención ao público. Este é o argumento ao que apela José Cela para expor o seu obxectivo de contar con dedicación exclusiva ás tarefas de índole municipal.

"Non me chegan as horas", comentou este xoves referíndose á experiencia do último mes, no que tivo que porse ao día en numerosa cuestións da Administración local, a pesar de que xa contaba cunha ampla visión da mesma, derivada da súa experiencia como concelleiro nos últimos mandatos.

O rexedor agrega que a esixencia tamén se deriva doutra circunstancia: os edís do Goberno local deben atender as súas obrigacións persoais e compatibilizalas coas derivadas dos seus cargos.

José Cela converteuse onte en alcalde de Moraña, en substitución da exalcaldesa Luisa Piñeiro, nun Pleno de investidura cuxo desenlace seguiu o guión máis previsible: contou con seis votos, os do Partido Popular (PP), mentres que o BNG e o PSOE apoiaron aos seus representantes.

O PP volverá contar cos sete representantes que lles deron os resultados das seleccións municipais celebradas en maio do ano 2019, unha vez que conte coa acreditación de quen se presentou na oitava posición da candidatura, Javier Ruibal Couso, que ocupará a praza que deixou vacante Luisa Piñeiro.

Cela asume a Alcaldía co obxectivo de dedicarse en exclusiva ao...
comentarios