Preto de mil persoas acoden á XXVI Romaría Intexeneracional de Lalín

Con 96 anos, o home con máis idade do Concello é Julio Castro, e así llo recoñeceu a concelleira Karen Fernández entregándolle unha condecoración
Centenares de comensales en la Romaría Interxeneracional. CEDIDA
photo_camera Centenares de comensais na Romaría Interxeneracional. CEDIDA

Preto de mil persoas acudiron á vixésima sexta edición da máis que tradicional Romaría Interxeneracional de Lalín, celebrada o pasado sábado na Carballeira das Casianas. Ao evento asistiron tanto o alcalde, José Crespo, como practicamente todos os concelleiros do Goberno, así como o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel.

A festa comezou de mañá, cando ás 12.00 horas oficiouse unha misa por parte do párroco na propia Carballeira para, posteriormente, deixar paso ás intervencións institucionais e á música en directo por parte da Banda de Muimenta. "Hoxe é un día de festa para os nosos maiores, a quen lle debemos poder chegar a hoxe celebrando esta Romaría, porque fostes a xeración que fixestes o Lalín de hoxe en día", declarou o alcalde no seu discurso.

A continuación, centenares de amigos, veciños e familiares gozaron dunha comida acompañados uns doutros. Logo disto, por fin, a entrega de recoñecementos para os homenaxeados: Rosa Iglesias, con case 95 anos, foi distinguida como muller de máis idade do Concello de Lalín, un galrdón que lle entregou a tenente de alcalde, Paz Pérez Asorey.

Houbo un concurso de baile que gañaron Antonio Ramos e Isa López como parella, levándose como premio dúas ceas en establecementos locais

Con 96 anos, o home con máis idade do Concello é Julio Castro, e así llo recoñeceu a concelleira Karen Fernández entregándolle dita condecoración.

O alcalde, José Crespo, pola súa banda, entregou o recoñecemento da parella con máis anos de matrimonio, sendo este Julio Mariño e María Luisa Taboada, que xa están polos seus 69 anos de casados.

Para rematar, os premios a muller e home con máis tempo na emigración leváronllos María Alicia Tato e Manuel Portos, que suman un total de 66 anos no estranxeiro entre Venezuela (53) e Brasil (13). A condecoración entregouna a concellerira de Relacións Veciñais, Marisa Álvarez

CONCURSO DE BAILE. Tras a entrega de distincións, a xornada continuou coas actuacións da Banda da Balbina e o dúo La Rosa.

Por suposto, tamén houbo un concurso de baile que gañaron Antonio Ramos e Isa López como parella, levándose como premio dúas ceas en establecementos locais.Na categoría individual, logrouse a vitoria Carlos Cajaraville, con outra cea como premio.

Comentarios