Unha colisión en Cuntis entre dous turismos e un autobús deixa dous feridos

A circulación pola N-640 viuse dificultada polo sinistro

Accidente de Cuntis. DP
photo_camera Oficinas do 112.

Dúas persoas necesitaron asistencia sanitaria despois de chocar dous turismos e un autobús na estrada N-640, ao seu paso por Cuntis, sinistro que afectou á circulación na zona.

Segundo informou o 112 Galicia, a circulación foi interrompida mentres duraron os labores de asistencia aos feridos e retirada dos vehículos sinistrados.

Persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda, indicaron que a colisión se produciu minutos antes das 9,00 horas deste mércores á altura do Campo de Fútbol da Ran. O accidente causou un corte na circulación.

Foi mobilizado persoal do 061 para atender a dous feridos, dos cales un foi evacuado en ambulancia, mentres que outra persoa decidiu acudir a un centro médico pola súa conta.

Igualmente, neste operativo colaboraron membros do GES da Estrada e axentes da Garda Civil de Tráfico pois, a causa do accidente, a circulación quedou interrompida ata a finalización de asistencia, limpeza e retirada dos danos provocados polo impacto. Por parte do 112 Galicia, informouse o persoal de Telefónica posto que o autobús chocou tamén contra un poste.