O comercio de Lalín distribuirá gratis 9.000 bolsas reutilizables

A iniciativa persegue loitar contra a contaminación e promover as vendas
Imagen de una céntrica calle de Lalín. ARCHIVO
photo_camera Imaxe dunha céntrica rúa de Lalín. ARQUIVO

O Concello de Lalín e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Pontevedra Norte comezarán a distribuír, nos próximos días, 9.000 bolsas reutilizables a través dos establecementos comerciais, de artesanía e doutros sectores comerciais.

Con esta intervención pretenden "acelerar a tendencia de erradicación dás bolsas de plástico dun só uso, tan prexudiciais para o medio ambiente". Así o anunciou este luns o alcalde de Lalín, José Crespo, durante a presentación da campaña, promovida pola Concellaría de Comercio e financiada a través dun convenio co GDR Pontevedra Norte, cuxo presidente, Luís López, tamén asistiu ao acto, xunto co concelleiro de Medio Ambiente, César Reboredo.

Crespo explicou que esta campaña responde a un triplo obxectivo: "Reducir notablemente a utilización de bolsas de plástico dun só uso, servir de estímulo para que os veciños e veciñas de Lalín sigan entrando nos comercios locais e publicitar a plataforma de venda online mercalalin.gal a marca Lalín Sabe, coa que se están a promocionar os produtos agroalimentarios autóctonos".

A edil de Comercio, Karen Fernández, subliñou a "contribución da campaña á dinamización do comercio local", precisando que os establecementos que queiran entregar as bolsas deberán comunicalo antes do 30, por correo electrónico, na dirección [email protected].

Unha vez coñecido o número de comercios interesados en participar, serán repartidas as bolsas. "Queremos axudar ao comercio neste escenario económico de gran dificultade proporcionándolles un aliciente aos clientes para que sigan entrando nos establecementos", subliñou a concelleira.

César Reboredo dixo que diferentes estudos de organizacións ecoloxistas indican que a utilización dunha bolsa reutilizable fai posible o aforro dunha media de 144 por persoa cada ano, polo que esta campaña pode evitar a circulación de máis dun millón no municipio de Lalín.

Comentarios