Comesaña di que as ambulancias "non son dun municipio" e insiste na "coordinación"

O conselleiro respondeu así ás demandas sobre unha segunda ambulancia en Lalín
Julio García Comesaña. ARCHIVO
photo_camera Julio García Comesaña. ARCHIVO

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, defendeu, tras ser preguntado sobre a demanda dunha segunda ambulancia para Lalín, que as ambulancias ou recursos para atención emerxente "non son dun concello ou doutro", senón do conxunto do sistema galego e que a clave, cando hai unha urxencia, é "a coordinación". 

En declaracións aos medios na Estrada, o conselleiro defendeu que os recursos están a disposición de "todo o territorio" e, aínda que admitiu ser "consciente" dos "problemas" que hai en determinados concellos, reiterou que "o fundamental" é que, cando se mobiliza un recurso, non se trata dunha decisión "illada", senón do centro de coordinación de urxencias. 

"Cando se dan varias urxencias ao mesmo tempo, o número de ambulancias non é o principal elemento, senón a coordinación e o desvío que se fai dos recursos desde o 061", indicou. 

Así mesmo, preguntado polo centro integrado de saúde de Lalín, explicou que, tras un parón "froito da crise dos prezos", buscouse "unha solución e retomáronse as obras". "Confiamos en que se poida compensar e chegar aos prazos previstos", resolveu. 

Comentarios