O comité de crise pola microcistina no Umia aborda que medidas tomar

Goberno e oposición de Caldas de Reis celebran este martes a súa primeira reunión formal para acordar posibles propostas de actuación

Los carteles de Prohibición permanente del baño continuaban colocados. GONZALO GARCÍA - Río Umia
photo_camera Os carteis de 'Prohibición permanente do baño' continuaban colocados este luns. GONZALO GARCÍA

O gabinete de crise que o Goberno e a oposición de Caldas de Reis acordaron crear para facer un seguimento da problemática xurdida pola presenza de microcistina na auga do Umia ten previsto celebrar este martes a súa primeira reunión formal. O obxectivo, segundo expresou este luns o alcalde, Juan Manuel Rei, é "elaborar propostas de actuación" e instar á Xunta a que tome medidas, xa que "a situación do río non ten máis demora; é moi preocupante", afirmou o rexedor.

Sen querer adiantar os posibles alternativas ao problema, a espera do que acorden no encontro fixado no que o dirixente local ten "especial interese en acadar o consenso", Rei insiste en que "non é normal que catro concellos non poidan facer uso do río no lecer e no que se refire ó abastecemento", tendo en conta que a Consellería de Sanidade mantén desde o pasado día 29 de agosto a prohibición ao baño no Umia ao seu paso por Caldas de Reis. No entanto, e segundo afirmou este luns o propio alcalde, a auga destinada ao consumo arroxa "valores bos".

Rei indicou que na mañá do luns unha técnica da Consellería, acompañada dun homólogo do Concello, visitou a depuradora para revisar a situación da auga e certificou que non existen "maiores contratempos" e esta atópase en condicións de ser utilizada.

PREVENCIÓN DE INCENDIOS. Por outra banda, o rexedor participou este luns nunha reunión na delegación da Xunta en Pontevedra xunto a outros rexedores, que foron informados as condicións do plan de limpeza de franxas para a prevención de incendios forestais.

O Concello elaborará un Plan Municipal de Incendios a través de Protección Civil para poder adherirse ao citado programa. Saiar, Godos e Paradela serán zonas prioritarias.

Comentarios