Os concellos denuncian o paso de quads e a actividade cinexética na Vía Verde

A Garda Civil e a Policía incrementarán a vixilancia para erradicar uns usos que están prohibidos e poñen en perigo aos viandantes
Imagen de un tramo de la senda en el municipio de Caldas de Reis. L.Q.
photo_camera Imagen de un tramo de la senda en el municipio de Caldas de Reis. L.Q.

Varios veciños cuxos domicilios se atopan nos municipios polos que discorre o trazado da Vía Verde do Salnés (Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía) denunciaron ante os seus respectivos concellos o paso de quads circulando a velocidades bastante elevadas pola senda peonil, así como a presenza de cazadores realizando a actividade cinexética desde o seu trazado.

Unha vez comprobada a existencia de testemuñas, tanto no municipio de Vilagarcía, como nos de Caldas de Reis e Portas, os gobernos locais alertaron á Policía e ao Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil dunha situación que leva un gran perigo para as persoas que percorren a diario esta vía.

Para atallar a situación e porlle fin, será intensificada a vixilancia sancionados todos os usos e prácticas indebidas detectadas.

As administracións locais dos tres municipios recordan que a Vía Verde é unha senda de uso peonil, na que o único vehículo cuxo uso está permitido é a bicicleta, sempre que circule a velocidade de paseo.

Tamén advirten de que as normas están perfectamente indicadas nos paneis que se distribúen a longo dos algo máis de nove quilómetros desta infraestrutura, "polo que son dabondo coñecidas", argumentan.

Os responsables municipais apuntan que a Vía Verde do Salnés é a primeira destas características que discorre integramente polo territorio galego, é "un recurso turístico moi importante e de gran valor para vos tres concellos e as zonas limítrofes debido ao seu atractivo natural, paisaxístico, patrimonial e etnográfico".

Por outra banda, tamén permite "a saudable practica de camiñar ou correr por un espazo natural e ao aire libre, actividade esta máis en valor, se cabe en tempos de pandemia", engaden os concellos.

A suma destas razóns fai que a Vía Verde convertésese nun paseo moi frecuentado a diario polos veciños dos municipios da zona, afluencia que se incrementa os fins de semana coa presenza de moitas familias. O paso de quads e a práctica da caza na senda supón un grave risco para os seus usuarios, unha situación que están dispostos a impedir que se repita.

Comentarios