miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

José Cuñarro: "Cuíña non ten autoridade moral para falar de saneamentos"

Jodé Cuñarro arremete contra Cuíña despois das críticas á úa xestión
Jodé Cuñarro arremete contra Cuíña despois das críticas á úa xestión
O concelleiro de Obras de Lalín mostra sorpresa porque o líder de Compromiso "agora ve unha morea de proxectos que tivo tempo para facer" no seu mandato

O concelleiro de Obras do Concello de Lalín, José Cuñarro Torres, indícalle a Rafael Cuíña tras as críticas o seu labor que "nin ten autoridade moral nin é crible que fale de saneamentos cando nin lle preocuparon nin fi xo nada en catro anos de goberno para estendelos polas parroquias como si fixo e está facendo o actual goberno". O ex alcalde debería explicar "cal é o motivo polo que lle preocupan agora depuradoras como as de Prado e Vilatuxe, que o goberno actual fará con fondos propios e tan pronto sexa posible, e que non lle preocupasen nin o máis mínimo cando el tiña a sinatura para podelas facer". 

Cuñarro móstrase duro co concelleiro de Compromiso. "As dúas únicas depuradoras que fixo deixounas paralizadas e algunha ata a tivo tres anos parada dende a súa construción" e agora pretende "dar leccións e facer critica política dun tema no que demostrou que nin sabe nin sabía por onde anda". Os veciños de Lalín "xa empezan a estar cheos de que mesías como Cuíña ou Pablo Iglesias pretendan darlles leccións de como se fan as cousas pero que cando gobernan nin se enteran de como se fan e acaban como xa vimos que acaban". 

O responsable de Obras do Concello de Lalín dille a Cuíña que "estea tranquilo e deixe traballar aos demais". Moitos veciños lle critican que "agora vexa unha morea de proxectos e de cuestións que tivo tempo para facer e que non arrancou a primeira". 

José Cuñarro: "Cuíña non ten autoridade moral para falar de...
comentarios
ç