Cuntis, Caldas, Portas, Barro e Moraña non abrirán este verán as piscinas e parques

Alegan que os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias para a apertura deste tipo de instalacións fan imposible que se reabran con garantías de protección fronte ao Covid
La nueva piscina de Barro, inaugurada este viernes. GONZALO GARCÍA
photo_camera A piscina de Barro, nunha imaxe de arquivo. GONZALO GARCÍA

Os concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Portas, Moraña e Barro decidiron este mércores de xeito conxunto non abrir durante este verán nin as piscinas municipais nin os parques infantís como medidas extraordinarias para garantir a seguridade dos veciños fronte a Covid-19. Tras analizar minuciosamente as condicións para a apertura deste tipo de instalacións decretadas polas autoridades sanitarias, os alcaldes destes cinco municipios chegaron á conclusión  de que non contan cos medios necesarios para garantir ao 100% os cumprimentos dos protocolos.

Segundo  informan nun comunicado conxunto, no caso das piscinas as normas establecen labores continuos de limpeza e desinfección, distancia interpersoal de dúas metros, limitacións de aforamento a un terzo, tempo de permanencia limitado, etc. Para os parques infantís obrígase á limpeza e desinfección diaria ou a limitar o aforamento de modo que cada neno teña habilitados catro metros cadrados, entre outras cuestións.

"Estes concellos débense aos seus veciños e veciñas polo que, ao non poder garantir o cumprimento total da normativa, a súa seguridade prevaleceu por enriba de calquera outra motivación á hora de acordar esta medida", explican no seu escrito, no que aseguran que tamén tiveron en conta que, se se seguisen de forma rigorosa esas indicacións, impedirían aos usuarios "desfrutar da tranquilidade e a diversión que se busca ao acudir a este tipo de instalacións".

Os concellos aseguran que se aproveitará o tempo para realizar melloras para que, cando se reabran, as piscinas conten con todas as garantías. 

Comentarios