Cuntis, Caldas de Reis e Catoira piden máis medios para os seus centros de saúde

Jesús Reboredo, vítima da carencia de médicos, expón que sofre insomnio crónico e denuncia que lle aprazaron a cita que tiña concertada en dúas ocasións
Imagen de la fachada principal del Centro de Saúde de Cuntis. CEDIDA
photo_camera Imaxe da fachada principal do Centro de Saúde de Cuntis. CEDIDA

As carencias na atención sanitaria que presta o Sergas nos municipios da comarca Ulla-Umia segue provocando protestas por parte de usuarios e institucións. É o que sucede en Cuntis, Caldas de Reis e Catoira, concellos nos que as denuncias parten tanto de veciños como dos concellos, e súmanse á realizada polo BNG de Moraña. 

Desde hai unha década, Jesús Reboredo Velay sofre insomnio crónico, segue un tratamento diario no que figura a inxestión de dez pastillas, e relata que o 24 de setembro solicitou cita no Centro de Saúde de Cuntis, que lle deron para o 6 de outubro, día no que lle cambiaron a medicación que tiña pautada. O 8 empezou coa nova, que se prolongou ata o 13, data na que lle indicaron que regresase. 

Reboredo agrega que cando solicitou a nova cita, indicáronlle que non podía ser atendido e recomendáronlle acudir sen ela e que falase co médico, que non quixo atendelo, polo que a pediu o 14, e déronlla para o 28, e con outro profesional. 

Tanto o día 8 como o 16, este veciño de Cuntis deixou constancia do sucedido por medio de sendas reclamacións que realizou no Centro de Saúde. Meses atrás, foi chamado para ser atendido ás 9.00 e o médico non chegou ata a 11.00. Noutra ocasión figuraba ás 13.30 a cita, e dixéronlle que fose a Caldas de Reis. 

Desta incidencia tamén quedou constancia nunha acta redactada por un axente da Policía Local. Este extremo foi corroborado polo alcalde, Manuel Campos. O rexedor lamentou que o Sergas siga sen resolver un problema que se prolonga no tempo. 

"Que tomen as medidas que sexan necesarias para que vos veciños teñan unha sanidade decente e non teñan que estar arratrándose como está a pasar", reclama Jesús Reboredo no seu escrito. "É unha puta vergoña", lamenta. 

A fachada de Centro de Saúde foi o escenario de varias concentracións por este motivo, e o Concello trasladou o seu malestar, e as demandas veciñais, á Consellería de Sanidade, pero a situación non mellora, polo que Jesús Reboredo expón que "hai moitas máis medidas de presión que as que se están a tomar".

Aínda que finalizou o verán, haberá un só médico en horario de mañá ou tarde
Ata este sábado, os veciños do municipio de Catoira non contarán con ningún médico en horario matinal, polo que aqueles que necesiten ser atendidos dispoñen de dous recursos, un é acudir pola vía de urxencia, aínda que a súa doenza non o faga necesario (esta é unha vía moi utilizada que contribúe a xerar longas colas, e a outra consiste en dirixirse directamente ao centro hospitalario de referencia). A outra é agardar á tarde.

Esta situación obrigou ao persoal que se ocupa do apartado administrativo a desconvocar todas as citas que estaban concedidas pola mañá e pasalas á tarde, coa consecuente perda de tempo e os trastornos que posiblemente cause a quen tiveron que cambiar a súa programación. Para a semana próxima semana cambian a situación: haberá médico pola mañá, de 9.00 a 13.00 horas, pero non nas xornadas de tarde.

Xestiones 
Ante esta situación, o Goberno local de Catoira realizou diversas xestións ante a xerencia da EOXI para reclamar que adopte as medidas precisas coa finalidade de pór fin a este perentorio problema.

O alcalde, Xoán Castaño, mantivo, no pasado mes de agosto, unha reunión co director da o EOXI. Naquel encontro, o rexedor denunciou os recortes en persoal durante o verán, e a resposta que obtivo foi que a situación se normalizaría ao finalizar o período de vacacións, e así o anunciou nun comunicado. Con todo, os problemas continúan.

Carencias en pediatría
En Caldas de Reis, o Goberno local denuncia a situación de "precariedade" do Servizo de Pediatría. A pediatra está a atender nun local municipal, recorda, engade que é unha mostra do "pasotismo da Xunta coa sanidade" e mantén que este municipio debería contar con dous profesionais, pero só hai un e incluso, nalgúns días, non dispón de ningún. O problema agrávase tendo en conta que debe facerse cargo da demanda de varios concellos lindeiros, preza o Goberno local. De "flagrante", califica a "deixadez" que atribúe á Consellería de Sanidade, e considera "imperdoable" que "mintan". Outro exemplo produciuse o día 12, cando se produciu un accidente grave no lugar de Paradivas. O médico tivo que desprazarse ata este lugar, e cando regresou á súa consulta, 43 persoas estaba ao esperar para que as atendese. Unha vez máis, o Concello pide que se reforce o persoal.

Comentarios