Cuntis contará cunha nova rede para a implantación de Internet de alta velocidade

O Concello indica que o despregamento se realizará en varias fases, nun prazo de tres anos, e beneficiará a todas as parroquias do municipio
photo_camera O servizo beneficiará aos habitantes do centro urbano e dos núcleos rurais. CEDIDA

 O Concello de Cuntis anunciou que seguirá dando pasos adiante para a implantación de Internet de alta velocidade no rural mediante o proxecto de despregamento dunha nova rede. A Administración local sinala que a empresa Rede Aberta solicitou autorización para levar a cabo un plan no municipio, adaptado ás súas características, que complementará os que están en marcha para levar a fibra óptica ás parroquias, dos que se encargan Telefónica e Orange.

Rede Aberta é unha rede neutra, aberta a todos os operadores de telecomunicacións, á que poderán acceder os operadores locais e os emprendedores.

«Supón un avance fundamental para chegar a unha solución coa que expandir ou internet de máxima velocidade ao rural e dar resposta a unha demanda ao arranxar vos problema dás deficientes conexións», argumenta.

Os traballos a realizar consisten no tendido dos diferentes tramos de rede para conectar os domicilios e as empresas do municipio. Serán executados en varias fases ao longo dos tres próximos anos, en Arcos, Cequeril, Couselo, Cuntis, Estacas, Piñeiro, Portela e Troáns.

As conexións serán de ata 600 megas, «unha velocidade moi competitiva que hai poucos anos era totalmente impensable en zonas do rural», resaltou o alcalde, Manuel Campos. «Cuntis pasará a ser uns dous concellos máis avanzado non ámbito dás telecomunicacións non espazo rural», dixo.

.