Cuntis fai un chamamento á cidadanía para reducir o consumo de auga

Un bando municipal informa, desde este martes, da importancia de aplicar medidas de aforro na auga
Manuel Campos. DP
photo_camera Manuel Campos. DP

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, fai un chamamento á cidadanía para tomar medidas para reducir o consumo de auga debido á prealerta actual por sequía prolongada para garantir un suministro de calidade no municipio ata finais de verán.

Manuel Campos prantexa así a optimización dos recursos hídricos en regos e gandeiría, a limitación de baldeos e limpeza de rúas e á hora de encher as piscinas particulares.

Entre as posibles medidas de aforro de auga está tamén evitar o lavado innecesario de coches, así como a reutilización da auga para outros usos sempre que sexa posible.

O alcalde de Cuntis recorda que o municipio non é alleo á situación xeral que se rexistra en Galicia, donde a falta de precipitacións arrástrase desde o mes de octubro, cunha primavera moi seca e unha diminución dos caudais subterráneos, polo que apela á responsabilidade dos veciños e veciñas de Cuntis. Así, un bando municipal, visible en todo o municipio tanto física como dixitalmente, informa desde o día de onte da importancia de aplicar medidas de aforro na auga.

Comentarios