Cuntis pide colaboración para erradicar os botellóns e o vandalismo

El Concello anunciou que busca ao ou aos autores dos desperfectos para reclamar responsabilidades
Cuntis. DP
photo_camera Cuntis. DP

Unha acumulación de latas de bebidas e lixo e danos no mobiliario urbano no paseo fluvial. É o saldo das reunións celebradas nalgún momento da madrugada do sábado ao domingo no Concello de Cuntis, onde o Goberno Local xa anunciou que non se consentirán máis danos á contorna, nin máis riscos para a saúde pública.

De feito, dado que a actitude demostrada por quenes protagonizaron os botellóns non parece ser nova, o Concello anunciou que se busca ao ou aos autores da canallada para reclamar responsabilidades. De feito, pídese a colaboración dos veciños que puidesen ver algo, para tratar de dar cos responsables.

Manuel Campos Velay recorda que o Concello ten a facultade de multar a quen incumpra a normativa sanitaria vixente

"Os botellóns están prohibidos", recorda o equipo de Manuel Campos Velay, que avisa de que se actuará con contundencia" ante estas actitudes e recorda que o Concello ten a facultade de multar a quen incumpra a normativa sanitaria vixente.

"Este tipo de concentracións están prohibidas polo son sancionables e vense agravadas pola falta de civismo", engade o Concello, que sinala que "os danos no mobiliario público xunto co lixo ciscado nas marxes do río resultan un problema que, por desgraza, repítese moi a miúdo", lamentan.

Comentarios