Denuncian o roubo de diñeiro e xoias a pleno día no interior da súa casa de Lalín

Os investigadores cren que forzaron unha das fiestras da casa para acceder ao interior

A Garda Civil investiga o roubo perpetrado o pasado mércores no interior dunha vivenda do lugar de Vilasancho, pertencente á parroquia lalinense de Selllo. Os propietarios do inmoble formalizaron a correspondente denuncia no Cuartel da Benemérita de Lalín durante o mediodía do xoves, asegurando que os amigos do alleo leváranlles diñeiro en metálico e xoias.

Todo apunta a que o ladrón ou ladróns forzaron unha das fiestras da casa para acceder ao seu interior. Ao parecer, os feitos sucederon entre as 16.45 horas e as 21.00 horas do mércores. As pescudas para dar cos autores continúan en marcha.

Comentarios