sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

A Deputación e o CSIC farán sondaxes no xacemento de Castrolandín

O xacemento de Castrolandín, en Cuntis, hai uns anos. RAFA FARIÑA
O xacemento de Castrolandín, en Cuntis, hai uns anos. RAFA FARIÑA
Os traballos están enmarcados na posta en valor como recurso turístico dos distintos xacementos da provincia

A Deputación de Pontevedra e o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) iniciarán desde esta vindeira semana diversos traballos no xacemento de Castrolandín, en Cuntis, enmarcados no convenio que ambas institucións desenvolven para a investigación e posta en valor como recurso turístico dos distintos xacementos arqueolóxicos da provincia.

Este acordo entre ambas institucións ten como obxectivo avanzar nos coñecementos dos modos de vida, a transformación da paisaxe e o que sucedía fóra dos recintos fortificados na Idade de Ferro no interior da provincia. En Castrolandín vanse levar a cabo pequenas sondaxes valorativas para a caracterización da estratigrafía en diversas localizacións, para a avaliación do potencial dos seus diferentes sectores en función dos resultados das tarefas realizadas.

Documentarase o espazo e unha área dun quilómetro cadrado ao redor de cada un dos sitios analizados, mediante unha combinación de imaxe visible e multiespectral de alta resolución tomada con sensores a bordo de drones. E abordarase a prospección superficial e xeofísica (magnetometría) do interior das zonas estudadas e da contorna para a identificación de posibles elementos enterrados.

Os traballos inclúen así mesmo a caracterización detallada da morfoloxía dos sitios e a súa contorna mediante levantamento topográfico de alta resolución (escaneo 3D e/o fotogrametría) no xacemento de Castrolandín.

A Deputación e o CSIC farán sondaxes no xacemento de Castrolandín
comentarios
ç